E para rematar o día, os profes tamén tivemos sorpresa. Dous alumnos colaboradores da Biblioteca, Alejandro García Rodríguez e Lucía Rodríguez Abellano realizaron unhas fermosas tarxetas personalizadas con dedicatoria.
Estas tarxetas foron repartidas a todos os profes. Deste xeito, este 14 de febreiro, toda a comunidade educativa do centro saiu cun grande sorriso.
Grazas a Alejandro e Lucía pola vosa fermosa e incrible sorpresa.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador