Post it pola paz é unha idea proposta por o TIL( do que forma parte a Biblioteca) e Normalización Lingüística e secundada pola Biblioteca ,todos os Departamentos e todo o Centro. Tratouse que os rapaces escribisen as súas esixencias, frustracións, esperanzas...para que algún día podamos vivir sen esta horrible realidade que son as guerras. Graciñas Nuria Mariño por esta marabillosa idea!
Post it pola paz: berra, escribe, debuxa......en todas as linguas
Publicado por BiblioCabe el 30.1.24Etiquetas: curso 24-25, Paz, post-it pola paz
Etiquetas: Curso 2023/24, Día da Paz
Dentro da actividade ,As dúas caras da verdade, quixemos que os alumnos explorasen todos os puntos de vista e tamén se puxesen na situación de persoas que, nun momento son secuestradas por un grupo terrorista como Hamás sen saber o que vai ser delas: se vivirán ou non.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Etiquetas: Curso 2023/24, memorias dun secuestro., Paz
Cartas dende Gaza foi unha actividade proposta pola Biblioteca ao noso alumnado. Tratábase de poñerse na situación dunha persoa (neno, ancián, home,muller) que estivese a sofrir os bombardeos e vise como a súa casa, escola, hospital...a súa vida, en definitiva, derrubase nun momento por algo tan absurdo e irracional como a guerra.
Grazas á colaboración dos rapaces, a Cristina Ouro, a Sofía,África, Génesis (polos seus marabillosos debuxos) e a tod@s os que sempre botades unha man de forma altruísta.
Etiquetas: cartas dende gaza, Curso 2023/24, Paz