Dende a Biblioteca, o Departamento de Debuxo e Dinamización queremos sensibilizar sobre o scroll infinito nas redes sociais e sobre como este consumo automático de contido pode facernos perder tempo, dificultar o descanso e afastarnos do momento presente. A proposta, que parte de Anabel (membro do Equipo da Biblioteca e profesora de Debuxo), busca reflexionar sobre outras formas de empregar ese tempo e fomentar un uso máis consciente e saudable da tecnoloxía.
A
actividade está inspirada na imaxe “How to Live in the Age of A.I.”, de Gautami
Reddy, adaptada á nosa realidade e contexto lingüístico. A idea é que o
alumnado propoña, mediante debuxos, frases ou pequenas creacións, alternativas
ao scroll infinito.
En Bibliocabe somos conscientes da importancia das novas tecnoloxías, das redes, da IA...pero ao mesmo tempo estamos alerta do que o abuso de pantallas producen en todos nós, especialmente nos nosos alumnos.
Este é o motivo polo que este curso queremos sensibilizar sobre o problema do Scroll infinito e queremos incitar á reflexión: ¿somos habitantes ou prisioneiros das pantallas? Para axudar a esta reflexión recomendamos libros destinados a todo tipo de público. Agardamos que atopedes información relevante así como respostas as vosas dúbidas.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








