Cunha charla sobre Estudo e estrés, impartida polas psicólogas Laura Baliña e Aldara Pérez, retomamos - o pasado venres 26 -as charlas de psicoloxía iniciadas o pasado curso.
Nesta charla abordouse un dos problemas cos que lidian os adolescentes hoxe en día: o estrés. Con este fin, tratouse a definición deste, aclarando que o estrés non ten porque ser malo, senon que o importante é atopar o punto de activación que mellor nos pemita traballar ao máximo de rendemento. Partindo desta base, déronnos as ferramentas necesarias para manternos nese estado, tendo como pilares a análise da materia, do exame e da persoa. Ademáis tamén explicaron diferentes técnicas de estudo para adaptalas ao diferente material a estudar.
Asi mesmo, tamén explicaron outros aspectos importantes en relación ao estudo como son o espazo, o estado corporal, o autocontrol, a xestión do tempo e a motivación, insisindo na importancia destas dúas últimas.
Publicado por Flor R. Lemos
0 comentarios:
Publicar un comentario