30 de xaneiro, Día da Paz



0 día 30 de xaneiro, celebramos no IES Río Cabe o Día da Paz coa culminación da actividade "A pomba da Paz mensaxeira". O alumnado, dirixido polos seus profes nas horas de titoría e nas clases de valores, seguindo as instrucións que se repartiron entre eles, elaborou pombas de papel de distintas cores formas  e tamaños. No interior colocaron mensaxes de paz e conciliación e no exterior escribiron o nome da persoa a quen o dirixiron ditos mensaxes. Hoxe, no tempo de lecer, os alumnos/as e alumnas buscaban a súa pomba mensaxeira coa esperanza de atopar no seu interior unha mensaxe de reconciliación por disputas pasadas ou un desexo de paz no futuro. Obxectivo cumprido! Mellorar a convivencia no noso centro e deixar que eses sentimentos cara os nosos compañeiros e compañeiras afloren e se fagan visibles a través da escritura.


Seguindo as instrucións que tes na parte inferior deste folio, constrúe a túa propia pomba da paz. No papel que utilices para construír a pomba escribe previamente unha mensaxe de paz que ocupe dous ou tres liñas dirixida a un compañeiro/a. O nome do destinatario/a da mensaxe debe estar escrito con claridade e visible  no exterior da pomba. 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: