Este foi o tema de traballo do Proxecto Interdisciplinar realizado polo alumnado de 1º B da ESO, xunto co seu profesor Manuel Sánchez Seco.
Tratouse de , a través do seu contorno máis cercano- a natureza, a paisaxe monfortina- conectar ao alumnado de xeito sinxelo cun movemento artístico que transcendeu o sentido plástico para se converter no emblema cultural dunha época, desde distintos puntos de vista -Historia, Arte, Plástica, Literaturas, Música e TIC-.
A concreción material do proxecto é unha exposición onde atopamos:
- Cartel anunciador en clave impresionista.
- Fotografías da paisaxe tomadas polo alumnado, con a súa interpretación informático-impresionista.
- Obras impresionistas coa técnica do collage
- Paneis informativos sobre este movemento artístico.
- Exposición de libros de literatura e arte.
En definitiva, tratouse de que o alumnado se fusionase co seu mundo exterior, coa natureza monfortina para expresar os seus sentimentos.
ou este:
2 comentarios:
Sen palabras.Marabilloso!!!.
Parabens aos artífices dos proxectos, tanto pola orixinalidade do tema elexido como polo tratamento do mesmo! Non vos esquezo. Bicos.
Publicar un comentario