Estás a escoitar o “Vals das Horas”, porque horas foron as que estivemos en Madrid. E, con todo, que difícil nos resulta sintetizar o que alí ocorreu, o que sentimos, as nosas impresións.
Noite de nervios. Madrugón para tomar un avión cara a Madrid. Primeiro cacheo. Emma e Rocío acabando de pergeñar a súa presentación. O desconcerto para atopar a saída da T4, aeroporto que parece que che fagocita.
Madrid ás 8,30 dun sábado 6 de xuño, un Madrid prácticamente baleiro e enteiro para nós. Primeiro café e unha anciá xitana que me le a man: Que locuacidade, aínda que non dese unha! Paseo do Prado. Caixa Fórum, un edificio que conxuga o antigo e o moderno. Longa espera e paseo matutino.
Por fin, ábrense as portas. O interior é puro deseño. Escaleiras de baixada. Salón de actos que empeza a encherse. Ninguén coñece a ninguén, aínda que tod@s temos algo en común: somos bloguer@s ata a medula.
Longa mesa cos membros, supoñemos, da Asociación Espiral. Empezan a abrirse pestanas cos blogs na gran pantalla do fondo. Seguen os nervios.
Comeza o acto. Primeiro intervén Antonio Pérez, director do ISFTIC, logo relatorio inaugural sobre Blogs e RSS, ¿antagónicos ou complementarios? de Tíscar Lara. A consabida pausa-café para irnos coñecendo. Os primeiros contactos e os primeiros nomes.
Comeza a entrega de premios e as presentacións. De fondo, cada un dos blogs gañadores. Estado de nervios crítico. Noméannos: diploma, buxaina e, por fin, o desafogo. Que dicir? Pois que representamos a todas as BE galegas, porque alí estabamos TODAS, si, TODAS, porque cada un dos nosos blogs son a alma de cada Biblioteca Escolar Galega, entre outras cousas porque poñemos a ALMA en cada cousa que facemos. Logo, entregamos o noso pequeno “microbloc” do blog aos asistentes, coma se fose noso “twitter”.
Máis tarde, e xa para pechar o acto, soben ao escenario as dúas representantes de TICTIZA, as únicas mozas que estaban no acto para recoller o seu premio ao Fomento da Lectura, si, ao FOMENTO DA LECTURA. ¡Que orgullosas nos sentimos de elas!
Logo, ao Museo do Prado para ver a exposición de Sorolla: Pintura social, retratos, escenas de praia, os catorce paneis das Visións de España, paisaxes ¡Impresionante! Non deixedes que vola conten. ¡Ide vela!
Pasan as horas, e como colofón as catro ímonos ao Parque do Retiro: Feira do Libro. ¡A nosa perdición! Non hai mans suficientes para portar libros. Centos de casetas, todas as editoriais que vos podades imaxinar, si, si, esas pequenas editoriais das que en ocasións tanto traballo nos custa conseguir un libro. Libros de literatura infantil e xuvenil. E mire vostede por onde podemos dar unha clase de literatura contemporánea en vivo e en directo, cos escritores presentes e vivos e non tarde mal e a rastras coas súas fotos sobre un libro de texto que os cita de corrido. Son tantos os que alí se atopaban: J. Cercas, J. Marías, A. Colinas, J. Llamazares, D. Lozano, G. Moure, M. Hidalgo, V. Verdú, L. García Montero …
Deixei para o final a Manuel Rivas. Deixeino polo entusiasmo que espertou entre as nosas alumnas. Si, tamén estaba alí. Longas colas para asinar. O tempo vénsenos encima, pero Emma di que de alí ela non se move. Chegou o seu momento. Falaron de libros, do premio que lles acababan de entregar, do seu blog. Ela sacou do seu bolso a súa buxaina . Achegoulla. M. Rivas tocouna co seu plumín.
¡E fíxose a MAXIA!
O vals acábase, porque se nos acaban as doce horas que estivemos alí. Voamos cara ao aeroporto. Segundo cacheo: pasarían as buxainas o control? E o peso dos libros? Avión, coche e a durmir cos últimos compases.
Vai por e para tod@s VOSTEDES¡¡¡¡

3 comentarios:
Unha boa crónica, máis emoción... e en galego!!! PAramio, estasteme desdebuxando ao bailar coa buxaina???
Noraboa outra vez ! Hai que ver o que dan de si doce horas ben aproveitadas! Bicos.
Noraboa a Emma, Rocio e tamén a Paramio e Beatriz, sodes xeniais.
Publicar un comentario