"Un refrán é o espirito dun so, coa sabedoría de todos" (Jhon Rusell)
O alumnado de 1ºA da ESO, coordinados pola profesora de inglés Artemia Madarnás, traballaron durante este curso no proxecto interdisciplinar titulado: "Un achegamento ao refranerio popular" desde a óptica de varias linguas: galego, inglés, búlgaro- pola presenza de dous alumnos desta nacionalidade- castelán e latino.
Ela pretendeu:
- Facerlles reflexionar acerca do similar e diferente en distintas linguas e culturas, porque cada pobo e a súa lingua interpretan a realidade de forma particular.
- Axudarlles a apreciar o valor da sabedoría popular, transmitida de forma oral de xeración en xeración.
- Suxerirlles que non esquezan pasar tamén eles a testemuña aos que veñen detrás,
-e que se cumpra o refrán que di: "Nunca te acostarás sin saber una cosa más"
Por iso, desde hai una días, pódese ver no vestíbulo do Centro unha ampla exposición na que se recollen todos os traballos elaborados que podedes ver nas seguintes imaxes.
1 comentarios:
Honourable bye, genial friend :)
Publicar un comentario