Si o curso pasado un total de 1357 libros foron os elixidos para compartir eses momentos de lectura propiciados polo Plan Lector, este ano académico 1677 volumes tiveron a sorte de abandonar os estantes da nosa Biblio.
Pero aínda lemos máis, moito máis!!! 2811 préstamos saíron no 2008/09 da Biblioteca e estiveron acompañándovos, chegaron tamén ás mans dos vosos pais, dos compoñentes de Balbordo, de profesores... Hai tantos nomes e nomes que pasearon a vista por esas páxinas... No 2007/08 foran 2467 os préstamos e xa nos parecía moito! De novo podemos dicir que no Río Cabe lemos, e moito!
2 comentarios:
Noraboa por todo o traballo que facedes e os estupendos resultados. Nós dende o IES Xoán Montes hai pouco puxemos en marcha o blog "o sorriso da muralla", e buscamos outras bibliotecas preto, xa vos temos enlazados no noso blog.
Un saúdo
Nós na 3 avaliación vagueamos un pouco peo na final non quedamos ultimos
Publicar un comentario