II Certame de Contacontos

Seguindo coas imaxes que os estamos a ofrecer, aquí tendes as outras contacontos que participaron.
Emma contoulles Onde esta o arco da vella? de Lluïsot, no que se narra un verán na vida de Aniol quen vai coa súa familia de vacacións á montaña e as aventuras que vive xunto o seu can Folerpo e unha gran amiga... a Lúa.
Aquí tendes un pequeno fragmento do que os rapaces viron:



Uxía e Mar contaron a historia de Alberte quen era un neno moi tímido e sempre se metían con el na escola. O seu gran apoio era a súa cadeliña, por iso estaba sempre a xogar con ela. Un día levou os deberes sen rematar e dende aquela propúxose sempre facelos antes que nada.
Mirade e divertídevos:

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Leer el mundo blog, bastante bueno