Este ano, 2017, Samaín chegou ao noso centro baixo a forma da Santa Compaña, Bruxas, Meigas, Carteiras, Lavandeiras, Lobishomes, ..., en definitiva de "Seres do Alén".
Esta terrorífica comitiva invadiu tódolos espazos, dende a entrada do centro ata a biblioteca.
Xa na porta da entrada, ánimas nos disuadían de entrar. No interior unha fantasmal posta en escea nos agardaba: unha xigantesca instalación de sombras chinesas, así como un enorme mural, ámbolos dous da Santa Compaña. Esa instalación foi realizada polo profesor de plástica Manuel Sánchez, cos seus alumnos de 3º da ESO.
O resultado "cortaba a respiración".
Sentides ás veces que os vosos fillos son un misterio?. Posiblemente nalgúns dos libros desta pequena guía poderedes desentrañar o enigma.
Esta guía dirixida aos pais foi realizada en colaboración co departamento de Orientación.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O profesor de plástica, Anxo Alvaredo Maceda, realizou durante o
curso 2016/17 cos seus alumnos de 1º da ESO o Proxecto Interdisciplinar Reproducción a escala 1/10 do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos.
Os alumnos buscaron información nos ordenadores, libros, enciclopedias e
outro material bibliográfico presente na biblioteca. Analizaron e
sintetizaron a información co gallo de chegar a facer a maqueta deste
monumento.
Fíxose unha análise da fachada para dividila en espazos
xeométricos sinxelos. Dividiuse a clase en sete grupos, ...., e o
resultado foi: unha auténtica obra de arte!.
A continuación, amosamos unha pequena escolma de fotos do proceso e o resultado final.
Neste curso académico marcado pola COVID, iniciamos unha nova sección á que lle imos chamar "Nove meses, nove estritoras galegas". Con esta iniciativa pretendemos, dende a Biblio, dar a coñecer a nove mulleres galegas e as súas obras.
Disfrutade da lectura destas maxistrais escritoras. De seguido querémosvos presentar a Estibaliz Espinosa ao tempo que vos recomendamos a lectura da súa obra.
O sábado 17 de Xuño converteuse nun día inesquecible para os nosos alumnos. Ese día, un pequeno grupo de alumnos do IES Rio Cabe, acompañados por tres profesores, Flor, Xurxo e Bea, viaxaron ata Santiago de Compostela para asistir á X Xornada dos Clubs de Lectura que tiveron lugar no Palacio de Congresos.
Ademáis de tódalas actividades pensadas para os alumnos, tiveron a oportunidade de falar con algún dos seus admirados escritores. Foi moi especial para eles poder pedirlle unha firma, conversar, e mesmo facerse unha foto con Ledicia Costas e Miguelanxo Prado.
Grazas aos dous pola vosa paciencia, amabilidade e actitude cariñosa cara aos rapaces: sodes o seu modelo a seguir!
Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas Escolares por organizar esta xornada, da que os maiores tamén disfrutamos "como nenos".
O día 18 de maio estivo no noso centro a escritora galega María Reimóndez, recente gañadora do XX Premio de Poesía Johán Carballeira de Bueu. A autora de obras como Lía e as zapatillas de deporte, Usha, O club da calceta, A dúbida....regalóunos unha xornada inigualable na que lle mostrou aos nosos alumnos cómo é o proceso de creación dun texto literario.
A actividade dirixiuse aos alumnos de 2º de ESO, que xa participaran no concurso de redacción de Coca-Cola, e consistiu nun "taller de micro-relatos" no que os rapaces en grupos e coa axuda de diccionarios tiveron que elaborar textos. Foi unha divertida en moi enriquecedora actividade. Un auténtico privilexio poder contar cunha escritora como Maria Reimóndez!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O día 15 de maio, a asociación musical Xograres de Lemos, deleitounos cunha actuación no salón de actos do instituto en conmemoración do Día das Letras Galegas. De seguido, tedes unha pequena mostra visual e sonora do acto.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Chegou o gran día das nosas letras, o 17 de Maio. Conmemoramos esta data cunha exposición visual dos diferentes escritores homenaxeados ao longo da nosa historia ata o presente. O escritor homnenaxeado neste ano é Carlos Casares. A continuación, podedes ver unha pequena mostra desta exposición, na que aparece unha caricatura de Casares realizada polo profesor de debuxo, Manuel Sánchez.
Cunha memorable actuación do grupo Xograres de Lemos, a biblioteca do noso centro conmemorou a festa das nosas letras. Esta actividade dirixiuse a todo o alumnado da ESO, polo que a actuación tivo lugar no salón de actos do centro.
Cunha mestura de temas propios e tradicionais, os Xograres de Lemos conseguiron gañarse a un público non moi doado, convertindo o acto nunha auténtica festa. Non houbo quen se resistise a tararear ou a palmear algúns dos seus temas.
Grazas Xograres polo extraordinario momento que nos fixestes pasar.
Etiquetas: Curso 2016-17, Plan lector. Estatísticas
Co gallo do día do libro, 23 de abril, dende a biblioteca do centro realizamos un ano máis a actividade "un libro, un amigo". Os participantes realizanse un agasallo en forma de libro para conmemorar esta data.
O lema deste ano foi "un mar de amigos, un mar de libros". A entrada do centro estaba invadida de libros por tódalas partes: no teito, no chan, nas paredes, .... Un barco navegando por un mar de libros achégase á entrada do centro arrastrando fardos cargados de agasallos.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Co gallo do día da muller, o noso compañeiro e membro do equipo da biblioteca, Manuel Sánchez, realizou unha pequena exposición sobre o sexismo e o machismo na publicidade e nos medios de comunicación, principalmente escritos.
A continuación podedes ver unha pequena mostra deste traballo.
Por fin chegou o gran día! Películas de amor, mensaxes, doces, cartas, violinistas, e ata mesmo un baile organizado pola nosa profesora de música, Eva.
Na biblioteca fixemos un pequeno video onde se ven ás nosas violinistas interpretando "La vie en rose".
Toda a xornada transcurriu entre música e baile.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Co gallo do "Día dos namorados", dende a Biblioteca do IES Rio Cabe convocouse un concurso de cartas de amor, amizade, agradecemento, ..., no que as tres mellores cartas recibiron un amoroso agasallo. As misivas ían dirixidas a persoas do centro e depositadas nun buzón, en forma de corazón, que tiñamos na biblioteca.
O día 14 de Febreiro, as nosas "carteiras", Luiza e Sarah, repartíronas polas clases. De seguido, tedes unha pequena mostra desta divertida e amorosa actividade.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
"Tú sonrisa me da más energía que el ciclo de Krebs", "Estar enamorado es estar un poco loco", "Nuestro amor es más fuerte que el enlavce covalente", "No hay disfraz que pueda largo tiempo ocultar el amor donde lo hay, ni fingirlo donde no lo hay", "Eres el sistema que encaja con mi centro activo", ... Éstas son algunhas das centos de mensaxes que os nosos alumnos colgaron da árbore do amor que o noso compañeiro de debuxo, Jorge, nos fixo na entrada do centro.
Son mensaxes en castelán, en galego, en inglés, en francés, e mesmo en árabe, nas que contribuiron especialmente os rapaces e rapazas de 1º e 2º de BAC, 4º da ESO, 1º da ESO, ...
¡Grazas a tod@s por encher a nosa árbore|
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Espectaculares, emotivos, orixinais... calquera vos pode namorar.
Etiquetas: Amor, Curso 2016-17, Día de San Valentín, Vídeo
Películas, cartas, doces, frechas, cupidos, corazóns, "carteiras do amor", ... comezan a aparecer polo centro. A continuación deixámosvos un pequeniño adianto:
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Etiquetas: Curso 2016-17, Plan lector. Estatísticas
Charlas de Psicoloxía na biblioteca. Técnicas para afrontar a ansiedade e o estrés (II)
Publicado por BiblioCabe el 4.1.17Con esta segunda parte das charlas, Teresa Grau completou a súa aportación, deixándonos ademáis algunha historia para reflexionar.
Finalizada a sesión, as charlas volveron "do ximnasio á biblioteca", o seu espazo natural.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador








































