Preparándonos para Samaín

  Este ano, unha vez máis , dende  Vicedirección, EDLG, Polos creativos e Biblioteca, convocamos un concurso de disfraces. A esta convocatoria engádese a de cabazas refraneiras, así como a actividade: As terroríficas memorias de Balbino.

Esta última actividade, proposta por Paula (membro do Equipo da Biblioteca e coordinadora de EDLG) , está inspirada na obra Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas (homenaxeado nas Letras Galegas 2027).Trátase que tras ler os capítulos  A morte e Perdido, os alumnos continúen a historia e memo a ilustren.

Agardamos  expectantes as vosas obras de arte!

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: