Samaín 2017. Seres do alén

Este ano, 2017, Samaín chegou ao noso centro baixo a forma da Santa Compaña, Bruxas, Meigas, Carteiras, Lavandeiras, Lobishomes, ..., en definitiva de "Seres do Alén". Esta terrorífica comitiva invadiu tódolos espazos, dende a entrada do centro ata a biblioteca. Xa na porta da entrada, ánimas nos disuadían de entrar. No interior unha fantasmal posta en escea nos agardaba: unha xigantesca instalación de sombras chinesas, así como un enorme mural, ámbolos dous da Santa Compaña. Esa instalación foi realizada polo profesor de plástica Manuel Sánchez, cos seus alumnos de 3º da ESO. O resultado "cortaba a respiración".












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: