Concerto pola Paz


Tras un emotivo e reivindicativo discurso pola paz, a cargo de Demetrio González Gómez (alumno colaborador de Bibliocabe) , pudemos disfrutar na Biblioteca dun magnífico concerto pola Paz a cargo de: Nerea, Ximena e Xurxo , integrantes da banda de Bibliocabe. Botamos moi en falta a presenza de Ariadna que non pudo estar nesta ocasión!

Neste concerto tocarónse temas míticos sobre a paz e a concordia e o noso grupo, xunto co discurso de Demetrio, foi quen de conmover e sensibilizar ao auditorio.

Rematamos, unha vez máis facendo constancia da nosa repulsa ás guerras.

Graciñas a tod@s: Demetrio, Nerea, Ximena, Xurxo e a todos os colaboradores incondicionais de Bibliocabe.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

 

 

 

0 comentarios: