Celebrar o amor nos tempos da COVID supón un grande desafío; por ese motivo, dende Bibliocabe instámosvos a recuperar o vello costume de escribir cartas de amor. Son o instrumento ideal para describir emocións, sentimentos, paixóns, desexos, ...
Co fin de que vos animedes a escribir, presentámosvos algunhas das cartas de amor máis fermosas: cartas de amor que fixeron historia. Nelas, Sartre, Emilia Pardo Bazán, Frida Khalo, Joko Ono, J. Cash, Hemingway, Neruda, Cortázar, Edit Piaf, Freud, ... abren o seu corazón e a súa alma.
Queremos agradecer unha vez máis ao grupo de The Poet´s Silence que nos cedese o seu precioso tema "Sons" para a realización deste traballo.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario