30 de Xaneiro, Día da Paz. Receitas para a paz

 Neste curso tan complicado pola pandemia da COVID-19, dende Bibliocabe prantexamos aos rapaces cal é na súa opinión a receita para acadar a paz no mundo. Deste interrogante xurdiu a actividade "Receitas para a paz". Os nosos alumnos metéronse entre fogóns, e con ingredientes como xustiza, solidariedade, empatía, compaixón, poucos deberes, paciencia, bicos, apertas, ... prepararon receitas tan apetitosas como "pan de amor", "tarta para un mundo mellor", "galletas de sinceridade", "tarta de respecto", "ensalada de xustiza", "xeado de felicidade con pepitas de chocolate", ...

Agardamos que disfrutedes destes riquísimos pratos. 

























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: