Exposición "Seres do Alén"

Con motivo da celebración do Samaín, os alumnos de Antropoloxía de 1º de BAC, coordinados pola profesora Flor R. Lemos, e en colaboración coa Biblioteca e o departamento de Filosofía, realizaron a exposición "Seres do Alén".
Nela aparecen figuras da nosa tradición cultural como a Santa Compaña, Bruxas, Meigas, ..., Lobishome. En tódolos casos faise unha descripción de cada un deles, aconséllasenos como defendernos deles, cóntasenos lendas e testemuñas e aparecen persoaxes tan coñecidos como María Soliña, Filomena Arias (bruxa de Torbeo), ... Igualmente os alumnos buiscaron imaxes e mesmo fixeron ilustracións  a partires da búsqueda de material bibliográfico. Neste traballo decidimos destacar as 3 ilustracións da Santa Compaña, a da Bruxa, e a do Lobishome.
Parte do traballo realizado recolleuse nun pequeno video que aparece de seguido.


O resultado final do traballo de Aaron Berea, Adolfo Díaz, Iván Eiros, Sofía Fouces, Sonia González, Alex Parada, Gloria Pérez, María Rdríguez, Uxía Soto, Florín Vasile, Alex Blanco, Andrea Pérez, Lucía Rodríguez, Lidia de Sousa e Georgi Todorov foi o seguinte:


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: