Repetimos!!!!!!!!!

Este venres 10, a petición dos nosos alumnos, tivemos unha nova sesión de curtos de terror na biblioteca. Aos curtos da semán pasada, engadímoslle outros novos, como Monster, Cam Closer e Attic Panic. De seguido, tedes os enlaces aos videos que máis exito acadaron entre os rapaces:
  
Luces Fuera (Lights Out): De igual xeito que Attic Panic e Cam Closer, este video está dirixido polo director sueco David F. Sandberg. Con el, obtivo o premio ao mellor director na prestixiosa competición Bloody Cuts Horror Challenge do ano 2013, na sección Who´s There?.
 Mama: Curto producido por Guillermo del Toro e gañador do Festival de Cine Portugués Fantasporto 2013.

 

Alexia: Curto de terror de Andrei Borghi, gañador de múltiples premios, entre os que podemos destacar os seguintes: Festival internacional de Cine de Tapides (Bons Aires, Arxentina); Horrible Imaginings Festival (San Diego, USA); 9º Festival Aurora (México); La noche más corta (Arxentina), ...


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador 

0 comentarios: