Hoxe celebramos o Día Internacional da Paz e da Non Violencia.
Soltamos pombas na hora de lecer dende a biblioteca, gracias a Asociación Colombófila "Aires de Lemos". Esa solta foi un acto simbólico, cunha dobre lectura. Por unha banda, estas pombas reais representan as pombas de cartulina, negras e brancas, que enchen o noso instituto, cheas de microrrelatos escritos polo noso alumnado. Por outra banda, a solta destas pombas é a metáfora dos libros encerrados nos anaqueis da nosa biblioteca e liberados cando un lector os leva consigo.
A pomba é un símbolo da paz. O libro é, sen dúbida, un instrumento para a paz.
0 comentarios:
Publicar un comentario