O
día 6 de novembro, os alumnos do 2º ciclo da ESO tiveron a sorte de asistir á
presentación do corto de terror Deil, o último traballo do produtor de
cine monfortino e antigo alumno deste centro Iván Patiño.
Contounos cousas moi
interesantes do seu traballo, anécdotas das rodaxes e como non, respondeu a
todas as preguntas dos rapaces, que por certo foron moitas. Pasamos unha mañá
estupenda cun gran comunicador. Dende aquí grazas e sorte Iván.
0 comentarios:
Publicar un comentario