O pasado luns, na biblioteca, o alumnado de Bacharelato asistiu á primeira charla informativa das organizadas polo Departamento de Orientación. Estas sesións teñen como finalidade proporcionar os coñecementos necesarios sobre a oferta educativa da que dispoñen alumnos e alumnas ao finalizar este tramo de ensino. Nesta ocasión, o encontro foi cun membro da Escola Superior de Hostelería de Galicia, de Santiago de Compostela.
Etiquetas: Bacharelato, Orientación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario