O SON DAS PALABRAS NO SOUTO

Para celebrar o día do libro, o Club de lectura "Pintor de Castinande" da Biblioteca pública de Sober convidou ós maiores de Balbordo a unha xornada de lectura compartida, na que tamén participou a Biblioteca pública do Saviñao.
Máis de 40 persoas visitamos o
Centro Oleiro de Gundivós onde nos fixeron unha demostración dese oficio de artesáns do que é exemplo esta zoa de Sober.
Logo, no impresionante Souto do Tellada escoitamos a recitación de diversos textos mentres disfrutabamos dese incomparable marco natural.
A visita á igrexa románica de Lobios foi acompañada dun recital co que nos agasallou o grupo de Sober "
O Trícole", do que tamén foi fundador o noso Director Verao.
A xornada rematou no Santuario de Cadeiras, onde houbo un xantar e logo visitamos algún
miradoiro.
Temos que agradecerlles ós integrantes do Club de lectura, e especialmente a Julia -a Bibliotecaria-, a ilusión que puxeron nese día, a emotividade que xuntos compartimos e a idea desa experiencia que esperamos se volva repetir. Moitas grazas!

7 comentarios:

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Tedes dous agasallos en Silleda.
Un saúdo.

Antonio Martínez dijo...

Parabéns... por esa buxaina, campionas.

a Ponte Vella dijo...

Parabéns por ese premio: se alguén o merecía, desde logo erades vós. É un premio para todos os que vos seguimos e aprendemos do voso blog.
Un abrazo

olga dijo...

Bicos, apertas e achuchóns varios por esa BUXAINA que honra o voso traballo.
olga

Anónimo dijo...

Pois tamén os nosos parabens pola buxaina, pero sobre todo por ser un refrente fantástico para moitos de nós. Eu estouvos moi agradecida as dúas: Bea e Paramio, porque non tendes nin idea da cantidade de ideas que me proporcionades.
Bicos dende Arzúa

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Noraboa! Alegrámonos moito da concesión deste premio tan merecido.
Saúdos dende Silleda.

susana dijo...

Noraboa, compañeiras! Parabéns por ese merecido premio.
Bicos dende Ars legendi (A Baña)