O movemento hippie: paz e amor

O movemento xurdiu como umha corrente xuvenil enemistada coa Guerra de Vietnam e co goberno estadounidense
Os hippies defendían:
- a anarquía non violenta,
- o pacifismo,
- a revolución sexual,
- a preocupación polo medio ambiente
- o rexeitamento ao capitalismo e ao materialismo de Occidente

Algúns destes ideais cobran rabiosa actualidade hoxe en día coa invasión de Ucrania.

PAZ E AMOR. NON Á GUERRA!!











 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Entroido Bibliocabe: Woodstock 2022

Cunha exposición sobre o movemento hippie que abarcou a súa orixe, intencións, o festival de Woodstock, ... e cos lemas e símbolos máis importantes deste movemento comezamos o entroido en Bibliocabe. 

A esta exposición sumouse a instalación composta por un impresionante autobús (realizado polo profesor de plástica e colaborador do equipo da Biblio, Anxo Alvaredo), e trinta enormes frores colgados do teito e realizadas polos membros do equipo, Xurxo e Flor. 

O ambiente era propicio para o que viu despois: toda a comunidade educativa disfrazouse e puido disfrutar dunha xornada de Paz, Amor e Rock`n`Roll.













 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


REFUXIADOS


Refuxiados, guerras, desprazamentos forzosos... son temas que desgraciadamente hoxe están de actualidade.

Recomendamos estes libros que poden axudar a reflexionar sobre situacións que nunca deberían existir.











Declaracións de Película

 Como complemento a actividade realizada polos alumnos, o Equipo Bibliocabe recopilou algunhas declaracións de amor, pertencentes a películas que os rapaces adoitan ver. De seguido tedes algunhas. 














Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

San Valentín 2022: Bibliocabe se declara

"Te amo más que Magnus a Presidente Miau", "me gustas más que un libro", "eres a banda sonora da miña vida", "te quiero un montón, como el protón al electrón", ... Os nosos alumnos responderon ao desafío lanzado por Bibliocabe: Declárate!!

Estas declaracións poor eles feitas e adornadas, xunto con outras pertencentes a películas, ambientaron a entrada do centro. Para que este día foxe doce para todos, repartimos piruletas con forma de corazón que arrasaron entre os alumnos. Feliz San Valentín!!



















 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador