Encontro con escritores: Olga Novo

 O mércores 19 de marzo de 2025 tivemos a sorte de recibir, un ano máis, no IES Río Cabe  á poeta  Olga Novo, para manter un encontro literario co alumnado de 2º de Bacharelato.

 A autora compartiu experiencias sobre a súa chegada á poesía e a escrita desta. Tamén falou en detalle sobre as influencias que a marcaron ao longo dos anos nos seus poemas. 

Coma sempre, é un inmenso privilexio poder contar coa presenza de Olga! 

Grazas ao departamento de Galego e a nosa integrante do Equipo de Biblioteca, Pilar, por organizar este memorable encontro literario.

 





 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

0 comentarios: