Este ano, dende Bibliocabe, quixemos aproveitar o 8M para reivindicar a unhas mulleres que foron sinaladas, desprezadas, expulsadas do seu entorno e mesmo queimadas na fogueira. O único delito que cometeran foi ser :sabias, curandeiras, libres, valentes, non convencionais, adiantadas a súa época. Pero sabedoría e muller xuntas constituía un gran perigo.
Por este motivo organizamos unha exposición, utilizando materias da realizada polo Arquivo do Reino de Galicia no 2020 (Xunta de Galicia) e que tiña por título: Meigas, feitizos das menciñeiras, procesos xudiciais pro bruxería.
Esta exposición, na que se fala de quén eran as meigas, do seu universo máxico , da inquisición ....,completámola con figuras da nosa contorna como Filomena Arias, a bruxa de Torbeo (e gran curadora á que acudían mesmo xente de Madrid) ou outras como María Soliña.
Ademáis engadímoslle as imaxes de Meigas actuais: As meigas de Bibliocabe!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


















0 comentarios:
Publicar un comentario