Encontro con escritores: Manuel Vázquez , A vangarda está na aldea

"A vangarda está na aldea" é un verso de Alfonso Pexegueiro que inspira a actividade do mesmo nome levada a cabo polo escritor Manuel Vázquez nos centros de Secundaria da provincia de Lugo e que parte tamén da última novela deste autor, " O pracer da chuvia ",reivindicando o rural galego e, por extensión, calquera lingua ou espazo minorizado por prexuizos.

Un verdadeiro pracer para o noso equipo de biblioteca, telo recibido o 18 de decembro de 2024 no noso centro facendo patria universal cos alumnos de 2° de Bac e de 3° de ESO PDC.

 
















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

 

0 comentarios: