Este venres, 13 de decembro , os membros do club de lectura Balbordo tivemos a inmensa sorte de poder comentar Os nomes de Val coa súa autora, Loli Rodríguez. Tamén tivemos a oprtunidade de felicitala por ser a gañadora da XXXVI Edición do premio Torrente Ballester.
Con Loli vivimos momentos máxicos e inesquecibles. Falamos de lugares comunes como Torbeo, Mosán(o noso Mosán!).., desas mulleres protagonistas fortes e duras coma a terra aínda que tenras na intimidade, da loita pola supervivencia nunca época non moi lonxana no tempo, pero que hoxe parecería un planeta diferente.
Falamos, falamos e seguimos a falar ata conseguir que nos "adiantase" algo, porque ¿cál vai ser o futuro de Val? Nunha nova obra sairemos de dúbidas.
Graciñas Loli, por vir a Balbordo, por ser tan xenerosa de contestar a todas as nosas dúbidas, polo teu caráctar afable e cariñoso,...por ser xa para sempre unha integrante de Balbordo e Bibliocabe.
0 comentarios:
Publicar un comentario