Como actividade para conmemorar o día/mes do libro, o noso compañeiro e colaborador de Bibliocabe, Gabriel Pérez diseñou unha preciosa, imaxinativa, interesante e interactiva actividade.
Nela, os rapaces de 1º de ESO tiñan que elixir o seu libro favorito e unha vez feito tiñan que optar por unha destas oito opcións:
1. Facer unha historia alternativa.
2.Facer unha canle de Youtube dunha personaxe da novela.
3.Facer unha precuela e secuela da novela.
4.Buscar unha banda sonora para o seu libro.
5. Facer un WhastsApp literario.
6. Describir qué pasaría se algo da tú novela sucedese na túa contorna.
7. Facer unha campaña publicitaria.
8.Crear un "memory" da túa novela.
Para ver o traballo realizado, picade na primeira imaxe. Seguro que disfrutaredes aínda moito máis das obras recomendadas. Parabéns a Gabriel a aos rapaces! Magnífico traballo.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario