Bibliocabe vai ao encontro de Arantza Portabales.

 Onte pola tarde, membros de Bibliocabe tivemos o inmenso pracer de asistir a II Velada Literaria. Tomando un libro con Arantza Portabales. A actividade foi organizada pola librería Agrasar de Monforte de Lemos, a cal pertence al colectivo Lemos Le do que tamén forma parte Bibliocabe.

Nesta inesquecible velada os membros de Bibliocabe tivemos ocasión de solucionar algúns interrogantes en relación as súas obras: dende cómo comeza cada libro, o  porqué da localización en Santiago de Compostela, cómo define a Santiago Abad, o motivo de elixir a Algalia...........Arantza respondeu a todas nosas inquedanzas de forma extensa e cun sentido do humor non exento dunha crítica feroz á "aceptación social" de certas formas de maltrato. Asimesmo puidemos facer un percorrido por obras como Beleza Vermella, A vida secreta de Úrsula Bas, Deixe a súa mensaxe despois do sinal.....Un auténtico agasallo para as súas lector@S!

Dende Bibliocabe queremos agradecer á Agrasar a organización deste acto e a Arantza por escribir coa mestría e intensidade en que o fai, así como pola súa cercanía, simpatía e actitude crítica. Unha velada para non esquecer!!!






 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador











0 comentarios: