Actos pechados é o título do espectacular cartel realizado pola nosa colaboradora, Lucía de la Iglesia para conmemorar o día da Muller en Bibliocabe.
Nesta magnífica obra, Lucía realiza unha crítica cara ás persoas que obran en contra dos dereitos das mulleres e dos homes a causa dos seus ideais conservadores, por ter unha mente pechada. Como afirma a autora: “Nalgún momento a desigualdade será historia e todos os que levaron a contraria avergonzaranse dos seus actos” .
Graciñas, Lucía pola túa profesionalidad, maestría no debuxo, orixinalidade e reflexión filosófica da composición. Graciñas tamén por colaborar sempre con nós.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario