Poster 8M Bibliocabe: LOITA POR TODAS

 

8 de marzo.Semella un día igual que outros.Pero realmente non o é, dende 1857 este día non é o mesmo que fai moitos anos.

Na cidade de Nova York, realizouse unha manifestación de mulleres costureiras, que defenderon os   seus dereitos ante todo, esixindo mellores condicións de vida e, sobre todo, unha xornada de dez horas e igualdade salarial cos home. De feito, non existen arquivos oficiais de que isto realmente         ocorrera, pero, dende ese día, a Organización das Nacións Unidas marcouno como o Día da Muller. Buscaba reflectir a orixe de todo, desta loita polo que en realidade non teríamos que loitar, xa que os dereitos deberían seren dados polo simple feito de ser humanos. Buscaba mostrar un dos tantos actos que marcaron a historia da muller, e, que mellor que explicar entón por que é o 8 de marzo e non ningún outro día.

Esta interesantísima reflexión xunto con outro marabilloso póster constitúe a outra aportación de Lucía de la Iglesia ao día da Muller. Agardamos que vos sorprendades e quededes impresionados como nós por este magnífico traballo. Grazas, grazas, grazas...Lucía.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


0 comentarios: