Ucraína no noso corazón.

 Hoxe, día da Paz, vivimos na nosa Biblioteca unha experiencia inesquecible. Tras ler as dúas mellores "cartas aos señores da guerra" por Xurxo e Demetrio, o noso equipo de Periodistas da Voz de Bibliocabe entrevistou a unha familia ucraína. 

Os nosos periodistas: Anxo, Alicia, Gabriela, Demetrio, Iara e Xurxo elaboraron con anterioridade unha serie de preguntas que serviron de base para a entrevista que se realizou. Ao non coñecer a nosa lingüa, Olga, alumna do centro e Ucraína serviunos de intérprete. O resultado foi unha entrevista impactante e moi emotiva que non deixou a ningúen indiferente.

Esta familia relatounos o seu día a día antes da guerra, cómo todo cambiou para eles un 24 de febreiro, cómo tiveron que fuxir do seu país, cómo chegaron a Galicia e cómo é o seu día a día. 

Dende Bibliocabe queremos agradecer a grandísima xenerosidade desta familia por vir ao noso centro, tamén ao educador social de Ferreira, Xaquín, ao Equipo directivo (por involucrarse de forma moi activa nesta actividade), a nosa traductora Olga (que pese a atoparse enferma, exerceu como tal a través do teléfono),a Xurxo que se encargou do son e de que todo funcionase.....,e como non, aos nosos periodistas e ao presentador do acto Miguel. 

Graciñas a todos e todo o afecto, admiración, e bos desexos para a nosa "familia ucraína"!



 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador




0 comentarios: