Cartas aos señores da guerra

 Morte, destrucción, miseria, aniquilación, éxodos masivos, perda do noso modo de vida....son só algúns dos efectos que traen  consigo as guerras. Por este motivo, dende Bibliocabe pedímoslles aos rapaces que escriban cartas "aos señores da guerra", non só aos que as provocan senón tamén aos que trafican con armas, aos que as fabrican, aos que se enriquecen coa dor doutros seres humanos. 

A resposta foi masiva e temos que dar as grazas á implicación de tódolos departamentos, en especial: Castelán, Galego, Francés, Filosofía, Fisica e Química, Relixión, tamén ao TIL, Normalización...

Agardamos que estas misivas cheguen aos nosos destinatarios e nos fagan caso!

Dúas destas misivas serán lidas o día 30, día da Paz.

 























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


0 comentarios: