Co gallo da presentación da nova obra de Dolores Redondo, Esperando al diluvio, membros de Bibliocabe e do seu Club de Lectura Balbordo acudimos ao Edificio Multiusos de Monforte.
Foi unha presentación brilante, emotiva e chea de anécdotas que nos permitiron coñecer un pouco máis o universo da nosa admiradísima escritora. Tivemos a inmensa sorte de poderlle facer algunha pregunta a través da periodista local, Manola Porto. En concreto queriamos saber o porqué do personaxe de Rafa (o noso favorito), así como que nos explicase a relación especial entre el é Noah. Dolores Redondo non só respondeu as nosas preguntas senón que foi máis alá, nun acto de inmensa xenerosidade, relatando unha vivencia persoal que axuda a comprender a elección de Rafa.
Quedamos con ganas de máis e agardamos podela ter entre nós en Bibliocabe. Graciñas, Dolores.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario