Exposición: Beethoven, 250 anos do nacemento dun xenio

Porque 250 anos non son nada se se trata dun xenio, porque Beethoven é xa inmortal, porque a súa música está asociada á nosa vida, .... porque non necesitamos razóns, este xoves 16 de decembro en Bibliocabe, coa colaboración de Eva Dios (departamento de música) e Bernardino Cerviño (departamento de plástica), conmemoramos o nacemento deste persoaxe único e irrepetible. 

Dende a 1ª hora do día na nosa Biblioteca soaba a súa música e inaugurábase a exposición que preparamos exprofeso. A súa vida, imaxes da súa infancia, xuventude,  madurez, ... partituras das súas obras máis coñecidas .... estaban acompañadas de dous violíns, unha viola, unha batuta e seis Beethoven pop art realizados por Bernardino en colaboración cos seus alumnos. Tratábamos de dar a coñecer a un xenio, pero tamén á persoa, por iso non faltou a súa carta a Amada Inmortal ou as conxeturas sobre quen sería Elisa. 







 


 
Esta exposición que visitaron tódolos alumnos da ESO e de 1º de BAC en grupos burbulla, acompañouse da proxección dun video e das pertinentes explicacións do profesor acompañante sobre o homenaxeado.

 














Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



0 comentarios: