Debido ao estado de alarma decretado por mor da COVID-19, en Bibliocabe non pudemos continuar realizando actividades tan importantes para nós como a entrega de premios aos nosos colaboradores.
Esta situación solucionouse o pasado luns 30 de Novembro, aínda que con aforo reducido e tódalas medidas de seguridade. Ademáis duns agasallos, os rapaces recibiron un diploma creado por Bibliocabe para a ocasión.
Queremos agradecer a súa incansable colaboración, o seu entusiasmo, as súas ideas, os seus sorrisos, .... a: Ariadna, Zeltia, Claudia, Nadine, Ana, Amaro, África, Sara e Lucía. Grazas, sen vos Bibliocabe non sería o mesmo.
Tampouco queremos esquecernos dos alumnos que xa se foron para iniciar unha nova andaina na universidade: Alejandro, Lucía, Iría, Sandra, Katty, Marta, ... Grazas e sorte na nova aventura e non vos esquezades de Bibliocabe.
0 comentarios:
Publicar un comentario