Regueifando con Alba María Rodríguez. 3º ESO B

 Este venres 23 de Outubro poidemos contar na nosa biblioteca coa regueifeira Alba María Rodríguez. Cantante, productora e improvisadora oral galega dende os 13 anos desenvolve unha intensa actividade no campo de Regueifa.

Colabora co proxecto Regueifista na introducción da regueifa no ámbito educativo. Precisamente iso é o que estivo a facer no IES Río Cabe.

 

Alba é tamén autora da obra Regueifa en Bergantiños (2017). Preguntarédevos que é unha regueifa.

Unha regueifa é un diálogo cantado, improvisado, no que a ironía, o "pique" e o bon humor son esenciais. No seu inicio, os temas centrábanse en disputas persoais, pero actualmente abondan asuntos de actualidade; iso si, en forma de catro versos de oito sílabas cada un con rima no segundo e no cuarto.

De seguido podedes asistir ao obradoiro de 3º ESO B así como escoitar a regueifa por eles creada e que pretenden convertir no himno da súa clase.







 
 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 



0 comentarios: