Despois do éxito obtido cos alumnos de 3º ESO B, chegoulles o turno aos de 3º ESO A e 3º de PMAR. Os rapaces riron, discorriron, traballaron e finalmente, como non, fixeron a súa propia regueifa. O éxito obtido por Alba María foi tal que agardamos que deste grupo saian nov@s regueifeir@s.
Grazas Alba María, polo teu magnífico traballo, pola túa simpatía e por esa conexión tan especial que tiveches cos nosos rapaces. Agardamos poder disfrutar da túa presencia en máis ocasións.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario