Os nosos alumnos de 2º de BAC tiveron a oportunidade única de compartir parte do seu tempo cunha escritora tan implicada en temas de igualdade como Eli Ríos. Despois de desmitificar e facer unha lectura en clave de igualdade de obras como "Cenicienta", " Harry Potter", " Xogo de Tronos", ..., a nosa autora instou aos rapaces a escribir textos libres de prexuizos e violencia machista.
Coa súa profesionalidade, dinamismo e simpatía, consegiu que os rapaces se sentisen escritores da igualdade por un día. Grazas Eli por ensinarnos que outra forma de escribir é posible.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario