A árbore da diversidade

Unha árbore chea de diversidade, igualdade, respeto, non discriminación, solidariedade, ..., preside o primeiro andar do noso centro. É tamén a árbore das nacionalidades que pretende amosar que no IES Río Cabe e na súa Biblioteca non hai fronteiras de nengún tipo. Cada un dos seus adornos foron realizados íntegramente polos nosos alumnos. Unha pequena "Torre de Babel" na que están representados Marrocos, Arxentina, Colombia, Santo Domingo, Venezuela, ...
Este grupiño de alumnos de Pedagoxía Terapéutica forman parte tamén do noso clube de lectura Balbordo Bis. Parabéns a Oscar Romero, Sara Vallina, Izar da Costa, Amaro Hourri, Marwan El Khadim, Yago Elcoso, Yahya El Allam, Zouhir El Khadim, Soumia Boussairi, Ivan Camilo Castro, Fernanda Alcántara e Juxtin Hamilthonk. 








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: