Charla de VICTORIA LAREU HUIDOBRO, organizada dende a Biblioteca

O xoves 28 contamos no Río Cabe cunha invitada excepcional: a Catedrática de Mediciña legal e Directora do Instituto de Ciencias Forenses da USC Victoria Lareu Huidobro. Deunos unha clase práctica de xenética que foi de grande interese para todos. A actividade foi organizada dende a Biblioteca do centro co obxecto de homenaxear a mulleres extraordinarias, neste caso do ámbito científico. Cunha charla titulada: Qué puede contarnos la genética forense: “CSI verdades y mentiras” o interese que despertou o tema provocou numerosas cuestións que ó alumnado se lle ían plantexando ó longo dunha amena e moi didáctica exposición. Desde a súa experiencia como investigadora punteira no ámbito da xenética forense desgranou casos prácticos cos que se enfrentan diariamente ou cos que colaborou o seu equipo interdisciplinar: a análise do ADN leva, por exemplo, á identificación de vítimas tras catástrofes ou atentados, a probas de verificación para resolver delitos ou crimes, polo que a colaboración da ciencia co axuda de novas tecnoloxías é clave para axudar a resolver moitos casos do ámbito xudicial.






0 comentarios: