O noso alumno e
colaborador habitual do equipo da Biblioteca, Alejandro García Rodríguez,
recibiu na Cidade da Cultura de Galicia o segundo premio do Concurso de Carteis do 8 de marzo de 2019,Día Internacional da Muller,
organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. No seu
cartel, Alejandro representa a visión que ten da muller: “unha muller forte, gañadora e con ganas de deixar atrás os prexuízos
que nós mesmos causamos delas e cara a elas”.
O premio consistiu nun diploma acreditativo e cheque
económico para o alumno. Tamén inclúe unha viaxe a casa de Rosalía de Castro e
ao Galipark, actividades nas que
participarán os seus compañeiros de aula.Por último, un lote de libros sobre
igualdade e feminismo para a nosa Biblioteca. De seguido tedes un vídeo desta
especial xornada e imaxes de Alejandro
facendo entrega do lote de libros á encargada da Biblioteca.
0 comentarios:
Publicar un comentario