O luns 21 quedou instalada na Biblioteca a Exposición de fotos do premio "María Josefa Wonenburger" que depende da Secretaría Xeral de Igualdade. A exposición recolle unha breve biografía das mulleres galegas que dende o 2007 recibiron os premios (que levan o nome da citada matemática galega) pola súa adicación a algún campo da tecnoloxía ou a ciencia.
Dita exposición está enmarcada dentro do Programa "Donas de si", que está dentro dos plans proxecta nos que participa o IES Río Cabe este curso. Nese proxecto en concreto estase a traballar a igualdade de xénero co alumnado de 1ºESO, organizado pola profesora de Lingua galega Tania Vázquez e a de Lingua Castelá Beatriz López.
Paralelamente a dita exposición, o alumnado de 1º ESO vén de rematar unha liña do tempo (que pode verse na entrada da Biblioteca) que leva por título "Pegadas de muller" na que se representaron diferentes mulleres que fixeron historia e formaban parte do seu maxín. Os resultados foron visualizados tamén nunhas nubes de palabras que amosan os nomes de mulleres e homes que recoñecen.
Ata o xoves 31 no que remata a Exposición, todo o alumnado do centro e o profesorado terá a oportunidade de implicarse nesta experiencia.
0 comentarios:
Publicar un comentario