A Secretaria Xeral de Igualdade inaugurou a Exposición de fotos do "Premio Mª Josefa Wonenburger"


Hoxe, luns 28, a Secretaria Xeral de Igualdade (Susana López Abella) inaugurou a Exposición de fotos do "Premio Mª Josefa Wonenburger", que dende o pasado luns se pode ver na Biblioteca do centro e que (como explicamos noutra entrada) se enmarca no "Programa Donas de si", no plan proxecta.
A titular de igualdade explicoulles a un grupo de alumnos a importancia desas mulleres premiadas, das que se pode coñecer a biografía e os seus avances como pioneiras en diferentes campos da investigación. Tamén se interesou polos traballos elaborados polo alumnano e expostos á entrada da Biblioteca.
Os grupos de 1º ESO que estiveron presentes na inauguración e que traballan no proxecto de Igualdade "Donas de si", antes citado, participaron en grupos nunca "Xincana Wonenburger" que consistiu nun xogo de 17 preguntas sobre o exposto nos paneis. A proposta foi elaborada por Carlos Parada e as dúas profesoras responsables do proxecto (Tania Vázquez e Beatriz López).
Podedes ver nas seguintes fotografías algúns momentos do acontecido hoxe.






0 comentarios: