Semán do libro. Un libro para un amigo invisible

Por décimo ano consecutivo, a Biblioteca do centro convoca a actividade Un libro para un amigo invisible. Trátase dunha actividade que ten moito éxito entre os nosos rapaces e que tódolos anos déixanos caras de emoción, ledicia, agradecemento e mesmo intriga, ¿quen será o amigo/a que me agasallou con este marabilloso libro?.
Ese día convértese na festa da lectura, e por iso, dende a Biblioteca animámosvos a participar.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: