O venres 16 de marzo celebrouse na biblioteca do centro a 3ª charla de Psicoloxía deste curso académico, baixo o suxerente título O lado bon das cousas. As psicólogas Laura Baliña e Aldara Pérez impartiron unha magnífica charla sobre educación sexual na que, entre outras cousas, falaron do concepto da educación sexual no colexio, famila, sociedade, amigos, internet, ... Tamén trataron de estereotipos e prexuizos existentes sobre este tema.
Unha vez máis, queremos dar as grazas ás "nosas psicólogas" por aclararnos todo tipo de dúbidas sobre un tema tan atrainte para os rapaces.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario