Luces Fuera (Lights Out): De igual xeito que Attic Panic e Cam Closer, este video está dirixido polo director sueco David F. Sandberg. Con el, obtivo o premio ao mellor director na prestixiosa competición Bloody Cuts Horror Challenge do ano 2013, na sección Who´s There?.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Queredes seguir pasando medo?. Dende o equipo da biblioteca do IES Rio Cabe, recomendámosvos as seguintes obras, agardando que teñades unha "terrorífica experiencia":
Cunha Biblioteca chea de morcegos, bruxas, sombreiros de bruxas, arañas, ..., pero tamén de chuches, celebramos o Samaín cunha sesión de curtos de terror.
Todos os alí estabamos, berramos, pechamos os ollos e fixémonos os valentes cos curtos "Compañeros de cama", "Luces fuera", "Mamá" e "Alexia".
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O resultado final do traballo de Aaron Berea, Adolfo Díaz, Iván Eiros, Sofía Fouces, Sonia González, Alex Parada, Gloria Pérez, María Rdríguez, Uxía Soto, Florín Vasile, Alex Blanco, Andrea Pérez, Lucía Rodríguez, Lidia de Sousa e Georgi Todorov foi o seguinte:
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Este ano, 2017, Samaín chegou ao noso centro baixo a forma da Santa Compaña, Bruxas, Meigas, Carteiras, Lavandeiras, Lobishomes, ..., en definitiva de "Seres do Alén".
Esta terrorífica comitiva invadiu tódolos espazos, dende a entrada do centro ata a biblioteca.
Xa na porta da entrada, ánimas nos disuadían de entrar. No interior unha fantasmal posta en escea nos agardaba: unha xigantesca instalación de sombras chinesas, así como un enorme mural, ámbolos dous da Santa Compaña. Esa instalación foi realizada polo profesor de plástica Manuel Sánchez, cos seus alumnos de 3º da ESO.
O resultado "cortaba a respiración".