Lamentablemente, ano tras ano, morren mulleres en todo o mundo víctimas da denominada violencia de xénero. Vólvese, pois, imprescindible que tomemos conciencia dos resabios machistas que, soterrados no fondo das nosas conciencias, provocan a traxedia dun home que se fai de máis e unha muller que se fai de menos.
Dende Bibliocabe quixemos participar nos actos de rexeitamento propios desta semana. Por iso, preparamos unha exposición que reflexase, por unha banda, as mortes producidas por esta violencia machista no presente ano e, por outra, moitas das reflexións machistas presentes na nosa cultura; proxectamos unha sesión de cortos, acompañada dun cuestionario; escollemos lecturas e películas de autopréstamo; e deseñamos un marcapáxinas para o noso alumnado.
Bibliocabe contra a violencia de xénero on PhotoPeach
Podes ver os cortos que proxectamos nos seguintes enlaces: "Sin pensarlo dos veces", "Bajo la máscara", "Papás y mamás"
0 comentarios:
Publicar un comentario