Esta fin de semana celebráronse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Baixo o título "Ler para ver", e cunha impecable organización, especialistas do mundo do libro e da lectura e docentes falaron da necesidade de conectar as nosas bibliotecas á realidade heteroxénea de Internet e os medios audivisuais.
Entre os docentes que formamos parte dos equipos de bibliotecas -inmigrantes dixitais-, e o noso alumnado -nativo dixital- non existe unha brecha insalvable. Todo o contrario: podemos e debemos ensinar a "saber leer el libro del mundo", expresión empregada por Fabio Tropea, primeiro ponente das Xornadas.
Así, pois, as bibliotecas do século XXI deben estar abertas á entrada da prensa, do vídeo, do cine, dos videoxogos, da banda deseñada, da arte, da rede... co obxectivo de formar usuarios críticos e competentes, que saiban manexarse neste vasto mundo.

Para saber máis: IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
0 comentarios:
Publicar un comentario