Os días 17 e 18 celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares, que este ano levaron por título: "Bibliotecas para ler e aprender". Alí estivemos casi 1000 persoas e puidemos asistir ás conferencias de Isabel Solé, José García Guerrero e Antonio Basanta (relatores especialistas en diferentes ámbitos relacionados coas Bibliotecas ou a lectura).
Tamén se presentaron interesantes experiencias de distintos centros educativos, entre os que estaba o noso.
Luz Paramio comentou aspectos relacionados coa Educación documental nunha exposición titulada: "Perdidos no mundo da información?"
Luz Paramio comentou aspectos relacionados coa Educación documental nunha exposición titulada: "Perdidos no mundo da información?"
Intensas xornadas nas que comprobamos o magnífico traballo que se está a facer dende as Bibliotecas escolares de Galicia.
1 comentarios:
Xornadas fermosas e intensas. Unha mágoa non poder escoitar a vosa experiencia. Outra vez será.
Publicar un comentario